
Os imperios perdedores deixaron de existir e realizouse un novo cambio territorial no que Alemaña perdeu todas al colonias en África en favro de Gran Bretaña e as de Asia en favor de Xapón. Tamén perdeu territorios en Europa xa que perdeu Alsacia e Lorena en favor de Francia, Poznan e Prusia occidental foron para Polonia e o sarre estivo en mans francesas durante quince anos.
O imperio austro-húngaro dividiuse en Austria, Hungría e Checoslovaquia, ademáis perdeu territorios en favor de Iugoslavia, Polonia e Rumanía.
O imperio otomán converteuse en república de Turquía e perdeu territorios que pasaron a mans de ingleses, franceses, italianas e gregas.
Polonia gañou territorios porque as potencias querian reforzar os paises cercanos a Rusia para que non houbese un contaxio comunista. Recibiu territorios de Alemaña, o imperio austro-húngaro e ademais obtivo saida ao mar.
Romania recubiu Transilvania do inperio austro-húngaro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario